A carón da tenda temos o local social de Panxea, un espazo onde poder reunirte, ler ou tomar un café.
No local social de Panxea, ademais de acoller as reunións abertas dos martes, realizamos todo tipo de actividades: charlas, obradoiros, videoforums festas,…
A local social dispón de ordenador, wifi, proxector,mesa de reunións e biblioteca. A parte das actividades propias de Panxea, os nosos socios poden solicitar o uso do local para actividades propias, desde celebrar un aniversario ata organizar unha reunión de traballo.
O local social de Panxea tamén é empregado de cotío por organizacións amigas como son O Peto, Fiare ou Sodepaz.
.