Agora é mais fácil ser socio

Contamos con dous xeitos de formar parte da nosa cooperativa:

 COOPERATIVISTA

Calquera persoa que entre a formar parte da cooperativa ten que aportar unha cota única de capital social de 80 €. Esta contía é reembolsábel no momento de darse de baixa.

 COOPERATIVISTA A PROBA

Esta figura permite gozar de todos os dereitos dun cooperativista pero sen necesidade de pagar durante o primeiro ano o capital social.

 COTA ANUAL

A cota anual para os cooperativistas e cooperativistas a proba é de 60 € (5 € por mes), ou a porcentaxe correspondente á data de alta. É dicir, se te das de alta en setembro, por exemplo, o primeiro ano pagarías 20 €. Pode ser pagada en dous prazos.

Calquera das dúas fórmulas garanten os mesmos dereitos, tanto de acceso aos descontos en tenda como ao pedido semanal de fresco e peixe, ademais de participar nas actividades que a nosa cooperativa desenvolve ao longo do ano.

Se tes calquera pregunta non dubides en poñerte en contacto connnosco por email o no noso teléfono  981 93 72 38.

Aquí podes cubrir o formulario on-line para asociarte. Non agardes mais!

Deja un comentario